 | |  | |  |  |  |  |  |
 |  | |  |  |  | GALICIA-HOXE MIRADAS Liberar o baile 13.10.2006 LUPE GÓMEZ De meu’ é o último espectáculo de danza de Ballet Studio. Está dirixido por Dolores Mayán. Recrea o mundo das mulleres. A alegría e tamén a represión. O desconcerto e a resistencia. É, como ‘O que viven as rosas’, unha coreografía moi intensa. Cun dramatismo grande. Parece que todo é como unha vibración moi grande dos sentimentos e dos conceptos. A música vai ligada ao baile creando unha atmósfera forte, impactante. O universo que as bailarinas contan é como o cadro dun pintor. Porque este espectáculo ten moito valor plástico. Todo pasa ante nós como se fosen debuxos ou escenas de teatro. Desfrutamos coa danza porque é un lugar de liberdade, o público tamén baila. Descubrimos o sufrimento que pode haber nun vestido de noiva, o terrible que pode ser o amor. Ou a incomodidade que supón poñer zapatos de tacón. Bailamos cun velo ou burka que nos cubre a cara, que destroza a nosa identidade, que nos convirte en pantasmas. Se algún defecto ten esta obra é que resulta a veces afectada. Como se as bailarinas fosen maniquíes. Ao mellor é algo buscado. Querendo reflexar a a propia afectación que supón a veces ser muller, ter que "facer de muller". A feminidade como algo imposto, algo artificial. ‘De meu’ é un espectáculo fermoso. Un traballo moi artístico, moi poético. Unha metáfora do que as mulleres somos e sentimos. Uns anceios grandes de liberación. Unhas ganas enormes de bailar. |  | "De Meu" xurde da necesidade de explorar e repasar os roles que a sociedade asigna á muller, da falta de libertade que ten de elexir un camiño de seu, da repetición, aparentemente inocente, de estereotipos que obstaculizan o desenrolo das persoas, que as limitan e condicionan negativamente, marcan e dirixen os seus pasos. Quimeras de muller ante os camiños da vida que cree seus cando son doutros ou alleos. Búscase reflexionar e ser conscente da situación, a través dun crisol plástico composto de elementos narrativos e emocionais que provoquen o diálogo entre obra e espectador. "É unha historia de caminños transitados por mulleres. De estereotipos. De pasos obrigados. De resistencia. De ilusións. De ... necesidade de transformar a realidade". |
|
 |
|  |  |  | BStudiodanza
|
mayan@bstudiodanza.com |  |  |  |  |
|
|  |