Compañía de danza
Nushu
BStudiodanza
Axenda
Dolores Mayán
Sono Silente
Intervención Urbana
Corpos Reflexivos
De Meu
De Meu (galería)
Traxectoria
Espectáculos
Álbum de fotos
Prensa
Free counter and web stats

De Meu é un bálsamo, unha fábula bailada, un espectáculo para gozar cos sentidos e co cerebro. Catro bailarinas (Emilia, Natalia, Vanesa, Celia) perden o seu nome, e deixan durante unha hora, de ser elas mesmas para se converteren en todas. Bailan no noso nome. E cos seus corpos, que debuxan arabescos no aire, que se estarrican, que se retorcen, as mulleres todas, por fin, bailamos. Unha serie de obxectos van entrando en escena nos sucesivos actos para lembrarnos en que mercadoría se nos quere converter desde a educación ou desde as industrias de moda e o consumo: zapatos de tacón, veos de casamento, traxes axustados traballan como emblemas de beleza ou de castidade. Cando eses obxectos van caendo, entre os movementos áxiles das pernas das bailarinas, deixaron de ser símbolos de opresión. Nunha das máis conmovedoras escenas do espectáculo, unha das bailarinas executa unha danza insinuante, nun exercicio de chan perfecto, coa cabeza tapada por un pano que, ao cubrir o rostro, lle rouba a identidade. Os seus xestos, a cada máis angustiados, acrecentan a ansiedade do espectador que acaba por ver, no pano que cubre o rostro da muller un dos burka que aínda están obrigadas a usar moitas mulleres do mundo. Como nos seus espectáculos anteriores (Quid est mulier? e O que viven as rosas) a compañía de Dolores Mayán atrévese a bailar contando a historia das mulleres, nun ton disidente ben distinto da versión oficial. Liberadas do academicismo, aínda traballadas pola técnica, as mulleres de BStudio outra vez dotan de vitalidade ás poses clásicas e constrúen no escenario un espazo para a muller. Un espazo para que todas digamos: “isto é de meu”.

               Teresa  Moure

 

 
 

"...Ás veces chegamos a dubidar se levamos ou non o rumbo das nosas vidas, e esquecemos que podemos torcelo e emendalo cando nos veña en gana."

Teresa Moure-Herba Moura

 

programa
 
Volver

BStudiodanza  | mayan@bstudiodanza.com

to Top of Page