De meu’ é o último espectáculo de danza de Ballet Studio. Está dirixido por Dolores Mayán. Recrea o mundo das mulleres. A alegría e tamén a represión. O desconcerto e a resistencia. É, como ‘O que viven as rosas’, unha coreografía moi intensa. Cun dramatismo grande. Parece que todo é como unha vibración moi grande dos sentimentos e dos conceptos. A música vai ligada ao baile creando unha atmósfera forte, impactante. O universo que as bailarinas contan é como o cadro dun pintor. Porque este espectáculo ten moito valor plástico. Todo pasa ante nós como se fosen debuxos ou escenas de teatro. Desfrutamos coa danza porque é un lugar de liberdade, o público tamén baila. Descubrimos o sufrimento que pode haber nun vestido de noiva, o terrible que pode ser o amor. Ou a incomodidade que supón poñer zapatos de tacón. Bailamos cun velo ou burka que nos cubre a cara, que destroza a nosa identidade, que nos convirte en pantasmas. Se algún defecto ten esta obra é que resulta a veces afectada. Como se as bailarinas fosen maniquíes. Ao mellor é algo buscado. Querendo reflexar a a propia afectación que supón a veces ser muller, ter que "facer de muller". A feminidade como algo imposto, algo artificial. ‘De meu’ é un espectáculo fermoso. Un traballo moi artístico, moi poético. Unha metáfora do que as mulleres somos e sentimos. Uns anceios grandes de liberación. Unhas ganas enormes de bailar.
"De Meu" surge de la necesidad de explorar y repasar los roles que la sociedad asigna a la mujer, de la falta de libertad que tiene de elegir un camino propio, de la repetición, aparentemente inocente, de estereotipos que obstaculizan el desarrollo de las personas, las limitan y condicionan negativamente, marcan y dirigen sus pasos. Quimeras de mujer ante los caminos de la vida que cree propios cuando son de otros o ajenos.
Se busca reflexionar y ser consciente de la situación, a través de un crisol plástico compuesto de elementos narrativos y emocionales que provoquen el diálogo entre obra y espectador.
"Es una historia de caminos transitados por mujeres. De estereotipos. De pasos obligados. De resistencia. de ilusiones. De ... necesidad de transformar la realidad".