Presentación
Agenda
Dolores Mayán
Enredando Brisas
Sono Silente
Intervención Urbana
Corpos Reflexivos
De Meu
De Meu (galería)
Trayectoria
Espectáculos
Álbum de fotos
Prensa

ENREDANDO  BRISAS

 


Espectáculo para público infantil e familiar.

Enredar brisas, crear ríos e fervenzas, xogar co arco da vella, axitar abanos para sentir o vento e ver as nubes fluíndo como a auga. Formas sinuosas, cores vivos, sons melódicos que nos suxiren un xogo poético e visual cheo de elementos en movemento, capaces de transportarnos a paisaxes para mergullarse nun mundo de sensacións abrindo as portas ó maxín.

Este espectáculo está inspirado na sensibilidade e cultura chinesa. As súas danzas con cintas, teas e abanos como prolongacións dos brazos cos que expresan emocións e sentimentos.

 O traballo de investigación que estaba a realizar para a próxima obra ( trátase dunha linguaxe só para mulleres, chamado nu-shu, orixinal da provincia chinesa de Hunan e que aprendían de nenas) mergulloume nunha cultura e unha sensibilidade diferente e descubriume un mundo cheo de novas sensacións que aumentaron máis aínda ó ler a novela de Lisa See "El abanico de Seda". A fascinación da súa lectura, tendo en conta que o relato comeza na infancia, levoume a trocar o rumbo e comezar outro proxecto dedicado a nenez e baseado nas danzas bailadas por mulleres e nos elementos que estas usaban. Ésto veu a enlazar ca idea, que en 2006 foi fonte de inspiración para a creación da obra "De Meu" que facía referencia ó legado de nais a fillas simbolizado a través dunha maleta de onde vai sacando recordos, desexos, ilusións e transmisión de vivencias. Todo elo proporcióname o material necesario para desenrolar un traballo de exploración e de inspiración.

 

Os movementos corporais e dos elementos, os xestos e os desprazamentos baséanse en:

A) Concepto de círculo e curva da forma "S" das danzas clásicas chinesas da dinastía Tang. A estética desta dinastía e o seu concepto de beleza xiran en torno ao redondo.

Na cultura chinesa, de inspiración divina, a visión do universo é como a “ida e volta”.

Os xestos das mans, a torsión e a ondulación do corpo e o trazado dos  pasos aseméllanse moito a unha elipse. A danza reflexa a rotación e a repercusión dun ritmo rico e armonioso, e cada pausa indica un novo principio. Así o principio e o final das danzas  conéctanse con naturalidade e suavidade, como si fora un dragón coa súa cola na boca, cíclica e eterna. As longas mangas de seda, características dos traxes de danza chineses, representan ampliamente o esplendor palpable do círculo” en movemento perpetuo da vida. Co movemento de brazos que voan, as bailarinas debuxan innumerables circunvalacións e círculos de respiración como as nubes e o fume.  “Semellante danza só pode existir no ceo”.

 

B) Principios do método de pintura Tang do pintor Wu Dai:

Qi: Libre movemento que guía ao pincel, o espírito. Por riba da técnica está a idea que guía ao pincel.

Yun: Ritmo, armonía ...entre as formas e as ideas. Omitir os pormenores descritivos para enfatizar os estados anímicos.

Si: A intención do pintor permitiralle perceber o esquema da composición e penetrar mentalmente na escena.

Jing: Necesidade do artista de expresar os cambios anímicos para conducir ao espectador a unha comunión espiritual con él.

Bi: Habilidade co pincel. Para dar forma ao espírito, a idea da obra fluidamente.

Mo: Habilidade coa tinta que é a apariencia interior fronte ao pincel que é a apariencia formal. (A tinta serán as teas e demáis elementos e o pincel o corpo)

 

-----------------------



 

 Movemento, cor, música, imaxes, elementos escénicos (teas, sedas, abanos, cintas, farolillos...), video e vestiario para relatar emocións e sentimentos manexando a brisa do aire como canle comunicador cos pequenos-as espectadores para mergullarse nun mundo maxinario e lúdico para gozar.

BStudiodanza | mayan@bstudiodanza.com

to Top of Page